Sunday 08 de September de 2024

Ribeira garda un minuto de silencio polas mulleres asasinadas esta fin de semana


Menbros da Corporación Municipal e persoal do Concello sumáronse ao minuto se silencio convocado pola F.E.M.P.

O rexedor, Luís Pérez manifestou “o concello de Ribeira mostra a súa solidaridade cas familias e tamén cas poboacións de Alicante, de Buñol en Valencia, de Sabadell en Barcelona, de Salou en Tarragona e de Madrid onde nas últimas 48 horas foron asasenidas cinco mulleres en casos tipificados coma violencia machista, dende o concello de Ribeira mostramos o noso porfundo pesar o noso rexeitamento máis absoluto a todo tipo de violencia que se faga contra mulleres e tamén mostrar todo a nosa solidaridade e cariño ás familias das vítimas falecidas”.